lunes, 18 de septiembre de 2017

Foro EMOCIONA, o IV Foro de Educación Emocional e Social en Galicia.

O vindeiro 18 de novembro de 2017 terá lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago de Compostela, o Foro EMOCIONA, o IV Foro de Educación Emocional e Social en Galicia.
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia é entidade colaboradora, polo que se ofrece para os nosos colexiados e colexiadas un desconto especial.
Este foro está dirixido a profesionais da área da educación, do desenvolvemento das persoas, e da psicoloxía, centrándose nas competencias emocionais e sociais propias e dos demáis.
Para inscribirte co prezo especial con desconto debes empregar este enlace: http://foroemociona.com/inscripcionespecial.html
No momento de cubrir os datos deberás indicar o nome do Colexio para poder obter a promoción e seguir os pasos que che indican.

No hay comentarios:

Publicar un comentario